10 e 11 de xuño de 2005
Na sétima convocatoria desta actividade formativa centralizada, organizada polo Seminario Permanente de Educación para a igualdade, e seguindo con obxectivo de construír unha sociedade onde as mulleres e os homes teñan as mesmas oportunidades, decidiuse prestarlles unha especial atención ás circunstancias que rodean a vida das nenas e das rapazas pertencentes a culturas que non son as maioritarias no noso contorno.
O feito de ser inmigrante ou de pertencer a poboacións sobre as que teñen prexuízos, coa compoñente de ser nena ou muller, provoca unha dobre desigualdade que unha sociedade desenvolvida e democrática non pode permitir.
Ao longo de Sétimo Foro Galego de Educación para a Igualdade describirase a situación que viven estas nenas e mozas nos nosos centros educativos e presentarase liñas de traballo que contribúan a mellorar a situación e a previr situacións discriminatorias para elas.
Así mesmo, dedícaselles unha especial atención ás directrices da Comisión Europea como marco institucional do que xorden posteriores actuacións en materia de xénero e de educación e que, á súa vez, xeran unha maior interculturalidade das accións desenvolvidas.
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN:
Escola Galega de Administración Pública
Rúa Madrid, 2-4 (Polígono de Fontiñas)
Santiago de Compostela - 10 e 11 de xuño de 2005
VENRES, 10 DE XUÑO
16:00 - 16:30 Recollida de material.
16:30 - 17:00 Inauguración oficial.
17:00 - 18:30 Conferencia inaugural. (Disporase de traducción simultánea). Gender Equality adn lifelong learning: The European Dimension. Mónica Oels. Experta en educación e ex-membro da Dirección Xeral de Educación e Cultura. Comisión Europea
18:30 - 19:00 Pausa - café.
19:00 - 21:00 Obradoiros simultáneos:
* Humor e sentimentos na coeducación e na interculturalidade. José Francisco Caselles Pérez. Profesor titular do Departamento de Métodos de Investigación e Diagnósticos en Educación. Universidade de Murcia.
* Dereitos humanos, muller e inmigración. Cara a unha educación intercultural na aula. Montserrat Boix. Membra da Plataforma dos Dereitos Humanos das Mulleres.
* Mundo: non é masculino singular. María Paz Gutiérrez. Directora de Solidaridade Internacional de Galicia.
* Educar na diferenza. Paula Villaverde Pérez. Educadora social do Programa de Intervención Sociofamiliar con Persoas Ciganas Transmontanas. Fundación do Secretariado Xitano e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.
* Interculturalidade na aula: o xénero e a súa xestión como diversidade. Membros da Asociación sociocultural Alquería.
* Traballando a igualdade e a integración mediante xogo. Francisco Javier Guede García. Profesor de educación primaria. CEIP Amaro-Refojo de Verín.
SÁBADO, 11 DE XUÑO
9:15 - 9:30 Control de asistencia.
9:30 - 11:00 Conferencia. (Disporase de traducción simultánea). Comment l’école en la France accueille les enfants de l’Islam Chistine Clerc. Xornalista e escritora francesa.
11:00 - 11:30 Pausa-café.
11:30 - 13:00 Panel de comunicacións:
* A situación de fillas de familias inmigrantes. Enma Mateos Peñalver. Socióloga colaboradora do Colectivo IOE.
* A segunda xeración: escolarización de mozos e mozas procedentes de Latinoamérica. Inés Massot Lafon. Profesora de Investigación en Educación. Universidade de Barcelona.
* A educación das mulleres adultas: un paso máis para a súa integración. Xosé Lois Vilar Rodríguez. Profesor de persoas adultas. IES nº 1 de Ribeira.
13:00 - 14:30 Conferencia. A inmigración e a escola Julio Carabaña Morales. Catedrático de Socioloxía. Opinión pública e cultura de masas. Universidade Complutense de Madrid.
14:30 - 16:00 Buffet. 16:00 - 18:00 Obradoiros Simultáneos (repítense os obradoiros do venres).
18:00 - 19:00 Actividade Lúdica. Concerto tradicional caboverdiano a cargo do grupo feminino Batuko Tabanka.
19:00 - 19:30 Buffet étnico.