Mujeres en Red
twitter
twitter


Curso de Verán 2006 - Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades: Axentes de Socialización (Familia, Escola, Grupo de Iguais e Mass Media). Lalín (Galiza)

11 -14 de xullo de 2006

Visitas: 1916    {id_article}  

Inscripción do 15 ó 30 de xuño

Curso de Verán 2006 - Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades: Axentes de Socialización (Familia, Escola, Grupo de Iguais e Mass Media)

Organizado pola Universidade de Santiago e o Concello de Lalín conta co apoio da Deputación de Pontevedra, Secretaría Xeral da Igualdade de Xunta de Galicia, Servizo Galego de Igualdade, Fondo Social Europeo, ICE, Caixanova.

Ademais dos diplomas acreditativos, serán entregados interesantes materiais bibliográficos.

11 -14 DE XULLO DE 2006 AUDITORIO MUNICIPAL DE LALÍN

Existen diversos axentes de socialización, que xogan un papel de maior ou menor importancia segundo as características peculiares da sociedade, da etapa na vida da persoa e da súa posición dentro da estrutura social. Neste curso tentaremos aproximarnos, con maior ou menor profundidade a catro axentes básicos de socialización no momento actual como son a familia, a escola, o grupo de iguais e os medios de comunicación. Abordar o estudio destes axentes permitiranos, así mesmo, acercarnos a un problema básico a ter en conta no proceso de socialización na actualidade como é a violencia de xénero ligada a falta de procesos comunicativos inter e intraxeneracionais que a miúdo dificultan enormemente a convivencia, e a consecución dunha real igualdade de oportunidades dos individuos sexa cal sexa a súa condición ou status social.

Prazo de matrícula

O prazo para realizar a inscrición nun curso de verán é do 15 ao 30 de xuño de 2006. Non será posible matricularse fóra deste prazo.

Custo da matrícula Taxa reducida: 65 € aplicable a:

q estudantes de calquera universidade

q licenciados/as ou diplomados/as universitarios en paro

q profesores/as e PAS da Universidade de Santiago de Compostela

Todas as Universidades Galegas recoñecen este Curso de Verán para os efectos de créditos de libre configuración, a razón de 1 curso = 2 créditos. O alumnado terá dereito a un diploma en que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Así mesmo, recibirán o certificado dos 2 créditos de libre configuración.

Centros de información e matriculación

Campus de Santiago
Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria
Colexio de San Xerome - Praza do Obradoiro s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 563100 - Exts. 11018 / 11103
www.usc.es/cultura

Campus de Lugo
Secretaría dos Cursos de Verán 2005
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27002 Lugo
Teléfono: 98285900 , extensión 21513

Concello de Lalín
Oficina de Igualdade - Concellería de Igualdade
Praza Calvo Sotelo s/n - baixo
36500 Lalín (Pontevedra)
Tlf./ Fax.- 986.78.23.52
igualdade@lalin.org


Familia - Escola - Mass Media - Grupo de iguais

Este curso universitario pretende, neste marco de referencia e neste momento histórico concreto, proporcionar coñecementos teórico-prácticos para a elaboración, execución e avaliación de programas e actuacións en prol da igualdade entre homes e mulleres e dar resposta ás demandas que estudantes e profesionais realizan, ás institucións públicas e privadas, para que integren e desenvolvan programas de igualdade de oportunidades e mainstreaming nos seus contextos formativos e de traballo.

Tamén espera atender á necesidade de cualificar profesionalmente ás/ós estudantes, docentes e outros/as profesionais en cuestións de xénero para a incorporación desta perspectiva na súa práctica cotiá, facendo unha revisión teórico-práctica actualizada e promovendo a reflexión sobre as necesidades e demandas dos diferentes axentes de socialización (familia, escola, grupo de iguais e medios de comunicación de masas).

Neste sentido, o curso considerará os tres ámbitos no proceso de creación e modificación da identidade de xénero: o que fan as persoas , é dicir, as prácticas diarias da vida e os roles sociais que desenvolven, o que creen ser , entendendoo como as representacións sociais do xénero, as crenzas, estereotipos e actitudes, e o que esperan chegar a ser , ou o que espera a sociedade que cheguen a ser, é dicir, as expectativas. Estes tres ámbitos van da man e interrelacionanse ao longo de toda a vida da persoa e en tódolos contextos nos que participa, familiar, escolar, laboral, relacional e comunicativo. Esta identidade de xénero sitúa aos individuos no contexto social no que se desenvolven contribuíndo a súa socialización diferencial.

Mulleres e homes, teñen diferentes prioridades, organizan a súa vida de maneira diferente, e as súas responsabilidades familiares así como a súa dispoñibilidade social non están compensadas. Teñen un desigual acceso á toma de decisións, aos recursos económicos e ás posibilidades de acadar cotas de poder. As súas preferencias profesionais, os seus hábitos de consumo e as súas actividades de lecer, tamén son diferentes. Uns contidos formativos que non teñan en consideración estas diferenzas, causan desigualdades nas oportunidades de desenvolvemento persoal, social e profesional dos individuos sexan estes homes ou mulleres.

Existen diversos axentes de socialización, que xogan un papel de maior ou menor importancia segundo as características peculiares da sociedade, da etapa na vida da persoa e da súa posición dentro da estrutura social. Neste curso tentaremos aproximarnos, con maior ou menor profundidade a catro axentes básicos de socialización no momento actual como son a familia, a escola, o grupo de iguais e os medios de comunicación. Abordar o estudio destes axentes permitiranos, así mesmo, acercarnos a un problema básico a ter en conta no proceso de socialización na actualidade como é a violencia de xénero ligada a falta de procesos comunicativos inter e intraxeneracionais que a miúdo dificultan enormemente a convivencia, e a consecución dunha real igualdade de oportunidades dos individuos sexa cal sexa a súa condición ou status social. Obxectivos do curso:

• Facilitar o encontro de profesionais dos distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o apoio mutuo .

• Ofrecer instrumentos conceptuais, metodolóxicos e técnicos que permitan diagnosticar, analizar criticamente, comprender, avaliar e deseñar iniciativas orientadas a lograr a transformación das desigualdades de xénero e acadar a igualdade.

• Promover o debate sobre a educación en igualdade nos ámbitos educativo e social .

• Documentar e comprender os roles que desempeñan homes e mulleres en contextos sociocomunitarios específicos.

• Motivar a discusión e o intercambio de experiencias entre integrantes de diversos ámbitos de intervención social, propiciando a análise da situación actual da igualdade de oportunidades e as perspectivas de futuro.

• Analizar os problemas que afectan á familia e abordalos desde a perspectiva de xénero en busca de posibles solucións.

• Propiciar a reflexión sobre os estereotipos de xénero no ámbito familiar e valorar en que medida sustentan decisións e expectativas sobre a educación e o futuro persoal e profesional das novas xeracións.

• Coñecer as demandas e retos en materia de igualdade de oportunidades no ámbito educativo e propoñer iniciativas de intervención axeitadas.

• Reflexionar sobre os procesos de colaboración, comunicación e diálogo entre a familia e a escola.

• Promover a participación e a integración entre a escola e a comunidade a fin de desenvolver accións que permitan resolver os problemas educativos e sociais que os afectan, aportando alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.

• Coñecer e valorar os principais enfoques, estratexias e programas na prevención da violencia de xénero.

• Aportar pautas formativas para desenvolver unha cultura da non violencia nos centros educativos, rexeitando explicitamente calquera comportamento que provoque a intimidación e a victimización.

• Coñecer e reflexionar sobre os fundamentos teóricos e disciplinares do xénero e sobre as súas implicacións nas decisións das políticas públicas, na construcción dos curricula educativos e na acción profesional no mundo laboral.

• Promover o enfoque das políticas de mainstreaming (análise da transversalidade de xénero) como instrumento de creación de condicións, de espazos, prácticas organizativas e relacións de igualdade real entre mulleres e homes.

PROGRAMA

11 xullo

9:00 Entrega de materiais

9:30 Inauguración oficial do curso

10:00 Conferencia

SOCIALIZACIÓN, XÉNERO E FAMILIA

Javier Elzo Imaz (Catedrático Socioloxía. Univ. Deusto).

12:00 Mesa redonda

FAMILIA, IDENTIDADE E DIVERSIDADE CULTURAL

Mar Lorenzo Moledo (Profesora. do Departamento de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. da USC)

17:00 Mesa Redonda

FAMILIA E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Germán Vargas Callejas (Prof. Dpto. Tª. e Hª. Ed. da USC)

Raquel Seijo Gómez (Educadora Social do Centro Cívico Municipal de Labañou. A Coruña)

19:00 Conferencia

AS MULLERES E A SOCIALIZACIÓN PARA O PODER

Rosa Cobo Bedia (Profa. de Socioloxía da UDC).

12 xullo

10:00 Conferencia

ESCOLA E XÉNERO

Fernando Barragán Medero (Prof. Dpto. DOE da Univ. La Laguna).

12:00 Mesa Redonda

AXENTES DE IGUALDADE COMO AXENTES DE SOCIALIZACIÓN PARA O CAMBIO.

Purificación Mayobre Rodríguez (Profa. Dpto. Soc., C. Política e Filosofía da UVigo).

Elisa Jato Seijas (Profa. Dpto. MIDE da USC).

17:00 Grupos de Discusión - Obradoiros (simultáneos)

1) Xogo e Xoguete non sexista

Inma Marín Santiago (Profa. Univ. Ramón LLull).

2) Valores e igualdade de oportunidades

Ana Mª Porto Castro (Profa. Dpto. MIDE da USC)

Mª Josefa Mosteiro García (Investigadora da USC)

3) Análise de recursos educativos cara á igualdade

Elisa T. Zamora Rodríguez (Profa. Dpto. MIDE da USC).

Felicidad Barreiro Fernández (Profa. Dpto. MIDE da USC).

19:00 Conferencia

CALIDADE E EQUIDADE NA EDUCACIÓN

Juan Carlos Pardo Pérez (Prof. Dpto. Psic. Evol. e da Ed. da USC)

13 Xullo

10:00 Conferencia

BULLYING

Iñaki Piñuel y Zabala (Prof. de RR.HH. da Universidade de Alcalá de Henares)

12:00 Mesa Redonda

ANÁLISE DA VIOLENCIA NA ADOLESCENCIA E PROGRAMAS DE PREVENCIÓN

Ángeles Espinosa Bayal (Profa. Dpto. Psic. Evol. e da Ed. da UCM).

Fernando Barragán Medero (Prof. Dpto. DOE da Univ. La Laguna).

17:00 Mesa Redonda

ROLES E ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NOS GRUPOS DE IGUAIS

Enrique J. Díez Gutiérrez (Prof. Dpto. DOE. Univ. León).

Agustín Godás Otero (Prof. Dpto. Psic. Social da USC).

19:00 Conferencia

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN SOCIAL: EMPODERAMENTO FEMININO E REDes PARA A IGUALDADE DE XÉNERO

Carmen Castro (Economista, experta en Políticas Europeas de Xénero e Master en Estretaxia de Mainstreaming de Xénero)

14 xullo

10:00 Conferencia

REPRESENTACIÓN DO XÉNERO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Pilar López Díez (Doutora CC. da Información pola UCM).

12:00 Mesa Redonda

NOVAS MASCULINIDADES E FEMINIDADES NA SOCIEDADE POSMODERNA

Susana de Andrés del Campo ( Profa. Dpto. de CCSS, Xurídicas e da Comunicación da Univ. de Valladolid).

Jorge García Marín (Prof. Dpto. Socioloxía da USC).

17:00 Conferencia

XÉNERO E TECNOLOXÍA

Montserrat Boix Piqué (Redactora Servicios Informativos de RTVE. Mujeres en Red)

19:00 Acto de Clausura e Entrega de Diplomas.


http://www.lalin.org/igualdade/


2006-05


Otros textos

Quizás también te interese

1997 - 2024 Mujeres en Red. El periódico feminista