Mujeres en Red
twitter
twitter

[Por ]

Debate o papel dos medios na información de xénero. Lugo

24 novembro 2007

Visitas: 832    {id_article}  

Seguindo co seu traballo de seguemento e estudio da información sobre cuestións de xénero, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Observatorio Galego dos Medios (OM) convocan para o vindeiro 24 de novembro unha xornada so o título O papel dos medios na información de xénero. Este acto vaise celebrar, na víspera do día internacional contra a violencia de xénero, no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra de Lugo.

Na busca dun mellor tratamento da información de xénero, que implique aos movementos asociativos, a xornada vai dar comezo ás 9:30 da mañá coa inauguración e a conferencia de Marisa Soleto Ávila, directora da Fundación Mujeres, quen vai dar a súa visión sobre a posición das organizacións de mulleres en relación coa igualdade de oportunidades nos medios.

Ao longo da mañá (até as 14:00h) e da tarde (desde as 16:30h até as 20:00h) vanse suceder ademais tres mesas de traballo, centradas sobre o tratamento da información relacionada coa violencia machista, o pacto de autorregulamento e as posibilidades de mellorar a función socializadora dos medios. Nestas, participarán xornalistas, investigadoras, avogadas e integrantes das asociacións de mulleres, co obxectivo de ofrecer todas as perspectivas posíbeis que poidan atinxir á información sobre temáticas de xénero.

As persoas interesadas poden inscribirse nos teléfonos 981935670 e 981936709 ou enviando un mail a xornalistas@xornalistas.com ou observatorio@xornalistas.com.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios



2007-10


Otros textos

Quizás también te interese

1997 - 2024 Mujeres en Red. El periódico feminista